17 feb. 2013

DÍA DO SEMINARIO 2013


ORACIÓN

Pai, fai que xurdan entre os cristiáns numerosas e santas vocacións ó sacerdocio, que manteñan viva a fe e conserven a grata memoria do teu Fillo Xesús mediante a predicación da súa Palabra e a administración dos

sacramentos, cos que renovas continuamente ós teus fieis.

Danos santos ministros do altar, que sexan solícitos e

fervorosos custodios da Eucaristía, sacramento do don

supremo de Cristo para a redención do mundo.

Chama a ministros da túa misericordia que, mediante o sacramento da Reconciliación, derramen o gozo do teu perdón.

Pai, fai que a Igrexa acolla con ledicia as numerosas inspiracións do Espírito do teu Fillo e, dócil ás súas ensinanzas, fomente vocacións ó ministerio sacerdotal e á vida consagrada.

Fortalece ós bispos, sacerdotes, diáconos, ós consagrados e a tódolos bautizados en Cristo para que cumpran fielmente a súa misión ó servizo do Evanxeo.

Pedímoscho por Cristo, noso Señor. Amén.

María, Raíña dos Apóstolos, roga por nós.

Bieito XVI