10 oct 2015

CONVOCATORIA PARA os interesados en recibilo SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓN


OS MOZOS E MOZAS nacidos no 2000 e 2001, e anteriores, que estén interesados en recibilo SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓN nas FESTAS PATRONAIS DO ANO 2017.


ESTIMADA AMIGA OU AMIGO:
Desde aquel día en que os teus pais che levaron a Igrexa para que recibiras o sacramento do Bautismo (porque eles estaban convencidos que era o mellor que podían darche espiritualmente), algo “sorprendente e marabilloso” quedou dinamizando o teu corazón e todo o teu ser:
O DON DA FE E O DON DE SER PARTÍCIPE DA MESMA VIDA DE DEUS.
Pasados uns años, teus pais volveron a pedir a Igrexa para ti O SACRAMENTO DA EUCARISTÍA-COMUNIÓN, para que esa vida recibida no bautismo se mantivera viva e dinámica dentro de ti…

Chegado este momento, en que ti cos teus catorce ou quince anos debes empezar a tomar xa certas decisións persoais (ainda contando sempre cos consellos e orientación dos pais ou persoas da túa máxima confianza), a Igrexa por medio da túa parroquia CONVÓCATE a unha reunión para que sexas ti quén agora, dun xeito persoal e libre, solicites o SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓN e xunto cos demais solicitantes e responsables da comunidade educativa parroquial, organicemos o PROGRAMA de preparación e recepción do Sacramento.
Como podes advertir aquí neste sacramento o protagonista es ti e só ti.
Tratase, pois, agora de que aqueles dons do Espíritu “sorprendentes e marabillosos” que recibiches no bautismo, e se explicitaron na Primeira Comunión, os fagas teus e os personalices. Podes pedir na parroquia a ficha de INSCRIPCIÓN para cubrir e entregar de novo.
Cordialmente o teu párroco e o equipo de monitores catequistas.