12 abr 2014

MARCHA SOLIDARIA PARA REHABILITACIÓN IGREXA DA PASTORIZA


Dende   a  ARMENTEIRA   a  VILANOVA


Itinerario:  
Mosteiro da Armenteira - Igrexa da Pastoriza
(Variante espiritual do Camiño Portugués a Santiago de Compostela)

Data: 
Sábado 31 de Maio de 2014

Todos os pobos teñen un elemento patrimonial que os identifican colectivamente. En Vilanova un dos nosos símbolos é a Igrexa da Pastoriza, ésta require unha urxente atención, debido o seu lamentable estado de abandono. Como xa sabemos, parte do seu tellado derrubouse.

Donde inscribirse: 


Casa Museo de Valle-Inclán
Casa Parroquial
Casa da Cultura do Esteiro

Como se recaudan os fondos: 
Cada participante, recibirá no momento da inscripción unha acreditación . Nela deberá ir anotando aquelas persoas ou institucións dispostas a aportar un diñeiro por cada Km. percorrido. É unha forma para que todos poidamos colaborar e participar ainda que non fagamos o camiño, pódese aportar a cantidade que cada un poida e tamén para os que queiran facelo camiño e non teñan diñeiro outros póden axudalos patrocinando a súa marcha solidaria.

Tamén está aberta unha conta en NOVAGALICIABANCO (Sucursal de Vilanova) a nome da Comisión Pro Rehabilitación da Iglexa da Pastoriza: ES75 2080 5070 7030 4001 8708