O SACRAMENTO MAIOR
§ Unha PREPARACIÓN CULTURAL e SOCIAL ADMIRABLE en
TODA a VILA.
§ Un TRIDUO SOLEMNE de
PREPARACIÓN ESPRITUAL INTENSIVA na LITURXIA VESPERTINA.
§ SOLEMNÍSIMA CELEBRACIÓN da XORNADA
do SANTÍSIMO SACRAMENTO.
O noso pobo vilanovés e sobre todo, a
nosa comunidade católica, entre os moitos acontecementos festivos, ten este da
CELEBRACIÓN-VIVENCIA da solemnidade do Santísimo Sacramento como algo
extraordinario e vital, non so como expresión relixiosa da súa fe, esperanza e
caridade cristianas, senón tamén como algo que mantén vivo o seu espírito creativo
de solidariedade humana e cultura cristianas. Por esta razón fundouse a
Cofradía do SANTISIMO:
-
O longo de máis dun mes son moitos os veciños
que constitúen grupos de traballo para deseñar, realizar e desmenuzar as ramas
e flores para logo en toda a noite, anterior a solemnidade, se realicen nas
rúas e prazas as alfombras florais, altares e outros elementos decorativos que
embelecen e casi sacralizan a nosa querida Vilanova. Todo se fai por devoción e cariño o Santísimo
Sacramento da presencia real de Xesucristo na Eucaristía.
-
Os días 26, xoves, 27, venres e 28 sábado
celebrase UN TRIDUO co rezo do rosario especialmente realizado como preparación
próxima e intensiva a Solemnidade e a celebración da Eucaristía, tamén con esta
mesma intencionalidade.

-
Para coroar, dun xeito explendido e cheo de devoción festiva, a SOLEMNIDADE que toda a Igrexa celebra ó “SANTISIMO CORPO E SANGUE DE
CRISTO-XESÚS este día 29 de maio.
Pola mañanciña, deste día, unhas
bombas e un conxunto de gaiteiros proclamarán por toda a vila este singular
evento.
Logo as 11´30 celebrarémola
EUCARISTÍA especial no que 32 nenas e nenos se acercarán por primeira vez o PAN
e o VIÑO da Eucaristía para entrar plenamente en Comunión con toda a Igrexa a
través da nosa comunidade.
“DE SU CUERPO Y DE SU SANGRE
JUEVES INSTITUYÓ
SOBRE EL ALTAR DE UNA MESA
EL SACRAMENTO MAYOR”