Dende os Secretariados da Catequesis de Galicia:
envían unha carta con algúns consellos prácticos as familias, para
levar a cabo a tarefa como educadores da fe dos vosos nenos:
- Iniciar no coñecemento de símbolos e verdades da nosa fe.
- Espertar a admiración o cariño e a adoración a Xesucristo, falando del con agarimo e veneración.
- Iniciar no sentido da oración, rezando con eles as primeiras oracións da Igrexa.
- Estimular actitudes de respeto ós demais, de xenerosidade e de servicio coma Xesús viviu.
- Ensinarlles a valorar a catequese, tanto coma outras actividades nas que participen.
- Interesarse polo que fan e como lles vai na catequese. Ver nos catecismos e materiais a parte que toca a familia.
- Cambiar impresións cos catequistas ou sacerdote.
- Esforzarse porque sexan constantes na asistencia.
- Participar con eles na Eucaristía dominical, coincida ou non coa catequese.
- Participar nas reunións de pais, ou encontros.
- Evitar que se asocien vacacións escolares con vacacións de viviencia relixiosa.
*******