24 may. 2016

A SOLEMNIDADE do SANTÍSIMO SACRAMENTO en VILANOVA de AROUSA:

O SACRAMENTO MAIOR

§  Unha  PREPARACIÓN CULTURAL e SOCIAL ADMIRABLE en TODA a VILA.

§  Un TRIDUO SOLEMNE de PREPARACIÓN ESPRITUAL INTENSIVA na LITURXIA VESPERTINA.


§  SOLEMNÍSIMA CELEBRACIÓN da XORNADA do SANTÍSIMO SACRAMENTO.


O noso pobo vilanovés e sobre todo, a nosa comunidade católica, entre os moitos acontecementos festivos, ten este da CELEBRACIÓN-VIVENCIA da solemnidade do Santísimo Sacramento como algo extraordinario e vital, non so como expresión relixiosa da súa fe, esperanza e caridade cristianas, senón tamén como algo que mantén vivo o seu espírito creativo de solidariedade humana e cultura cristianas. Por esta razón fundouse a Cofradía do SANTISIMO:


-                      O longo de máis dun mes son moitos os veciños que constitúen grupos de traballo para deseñar, realizar e desmenuzar as ramas e flores para logo en toda a noite, anterior a solemnidade, se realicen nas rúas e prazas as alfombras florais, altares e outros elementos decorativos que embelecen e casi sacralizan a nosa querida Vilanova.  Todo se fai por devoción e cariño o Santísimo Sacramento da presencia real de Xesucristo na Eucaristía.
-                      Os días 26, xoves, 27, venres e 28 sábado celebrase UN TRIDUO co rezo do rosario especialmente realizado como preparación próxima e intensiva a Solemnidade e a celebración da Eucaristía, tamén con esta mesma intencionalidade.

Unha parte importante da nosa comunidade participa nesta liturxia que se celebra, como de costume, pola tardiña. Con este triduo pretendemos poñerlle espírito sacramental e comunión eucarística a todo ese movemento social e cultural que o pobo de Vilanova lle dedica o Señor, varias semanas antes da celebración do día solemne da festa “DO SANTÍSIMO CORPO E SANGUE DE CRISTO”.
-         
Para coroar, dun xeito explendido e cheo de devoción  festiva, a SOLEMNIDADE que toda a Igrexa  celebra ó “SANTISIMO CORPO E SANGUE DE CRISTO-XESÚS este día 29 de maio.

Pola mañanciña, deste día, unhas bombas e un conxunto de gaiteiros proclamarán por toda a vila este singular evento.
Logo as 11´30 celebrarémola EUCARISTÍA especial no que 32 nenas e nenos se acercarán por primeira vez o PAN e o VIÑO da Eucaristía para entrar plenamente en Comunión con toda a Igrexa a través da nosa comunidade.

-                      O culmen de todo isto estará na Solemnísima CELEBRACIÓN da Eucaristía as 7 da tarde,  xunto coa procesión na que a comunidade católica portará a “súa DIVINA MAXESTADE po las rúas e prazas con paradas especiais nos 7 (sete) altares de paradas e bendicións especiais – e así, con todo isto feito con cariño e xenerosidade na nosa Vilanova de Arousa honrase e celebrase a festa DAQUEL como di o gran Lope de Vega.
“DE SU CUERPO Y DE SU SANGRE
JUEVES INSTITUYÓ
SOBRE EL ALTAR DE UNA MESA

EL SACRAMENTO MAYOR”