Lembrade:
- A presencia da Ensinanza Relixiosa na educación escolar non é unha concesión do Goberno nin unha imposición da Igrexa.
- A Ensinanza Relixiosa é un dereito dos pais. Eles son os auténticos responsables da educación dos seus fillos. Por iso teñen o dereito de esixir que se lles eduque dacordo coas súas conviccións relixiosas e morais. Así se recoñece en todas as leis e na maioría dos paises europeos.
- Os centros educativos teñen a obriga de ofertar a Ensinanza Relixiosa a todos os alumnos: infantil, primaria, secundaria e bacharelato, e sempre en condicións equiparables ás materias fundamentais.
- Os pais teñen o dereito de elexir, libre e responsablemente, a educación relixiosa e moral que desexen para os seus fillos. Os centros educativos teñen que respectar a opción que fagan os pais neste senso.
- A Ensinanza da Relixión Católica pretende promover a dimensión relixiosa da persoa, proporcionar criterios e valores desde o Evanxeo, que capaciten para vivir socialmente saber dialogar con outras culturas e relixións, e traballar para unha sociedade mellor.