20 dic 2015

Villancico



A FESTA DO BELÉN
Letra y música: CHEMA PURÓN
Outra vez por fin chegamos a este día que parece que pintaron de alegría, 
hoxe a estrela que deixamos xa de ver volverá brillar de novo no belén.
Canto tempo esperando este momento de poñerlle vida e luz ao Nacemento, 
de ano en ano, suspirando por volver a xuntarnos outra vez,
 como sempre nesta festa do belén.

Saca a Virxe María, saca ao señor San Xosé,
 ti pon o berce do neno... é a festa do belén. 
Eu vou facendo que o río volva de novo a correr e o lume por se vai frío... 
é a festa do belén.
 Imos poñendo pastores e os rabaños tamén, 
o anxo entre algodóns... é a festa do belén,
 eoá eoé… é a festa do belén (bis)

Outra vez abrindo caixas de sorrisos e con mofo dando forma un paraíso
 despregando na parede un ceo azul e acendendo nas xanelas unha luz
Todos xuntos pra vivir este momento de volver darlle vida ao Nacemento,
 colocando as figuras outra vez, cada casa volve ser unha festa coa festa do belén

Saca a Virxe María, saca ao señor San Xosé, 
ti pon o berce do neno... é a festa do belén. 
Eu vou facendo que o río volva de novo a correr
 e o lume por se vai frío... é a festa do belén.

 Imos poñendo pastores e os rabaños tamén,
 o anxo entre algodóns... é a festa do belén, eoá eoé… é a festa do belén (bis)